Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1105/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1105/2010 por instancia de Abel Mouzo Pena contra a empresa Mariscos Coruña, S.L., o administrador concursal da empresa, Carlos Cotelo Merelas, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 12.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Abel Mouzo Pena fronte a Mariscos Coruña, S.L., e o seu administrador concursal, Carlos Cotelo Merelas e, en consecuencia, condénase a empresa Mariscos Coruña, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oito mil oitocentos cincuenta e catro euros (8.854 euros); da devandita cantidade debe responder Carlos Cotelo Merelas, na súa soa condición de administrador concursal de Mariscos Coruña, S.L.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mariscos Coruña, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

O secretario xudicial