Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1124/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1124/2010 por instancia de Elena Ordóñez Rajo contra a empresa Diego Delgado Fernández sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 14.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Admítese a demanda interposta por Elena Ordóñez Rajo fronte a Diego Delgado Fernández e, en consecuencia, condénase a empresa Diego Delgado Fernández a aboar á demandante a cantidade de mil douscentos vinte e tres euros con sesenta céntimos (1.223,60) percibindo os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Diego Delgado Fernández, expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

O secretario xudicial