Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1135/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1135/2010 por instancia de Estíbaliz Romero Touzas e María Oliva Pose Suárez contra a empresa Melusiana, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame:

Estímase a demanda interposta por Estíbaliz Romero Touzas e María Oliva Pose Suárez fronte á empresa Melusiana, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Melusiana, S.L., a aboar ás demandantes as seguintes cantidades:

• A Estíbaliz Romero Touzas, a cantidade de 944,69 euros.

• A María Oliva Pose Suárez, a cantidade de 822,61 euros.

Notifíquese a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Melusiana, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

A secretaria xudicial