Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46284

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (524/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 524/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Carlos Juan Guerrero contra a empresa Distribuciones Vaamonde, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Carlos Juan Guerrero contra a empresa Distribuciones Vaamonde, S.L. e a administración concursal da citada empresa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Distribuciones Vaamonde, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.877,53 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario, empresa Distribuciones Vaamonde, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial