Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (220/2010).

Que neste Xulgado do Social número 1 de Lugo se tramita execución parcial 220/2010, por instancia de Óscar Ferreiros Lombardía, contra Agro-Or Lugo, S.L. e Agro-Or Refrigeración Lugo, S.L., con domicilio en Pacios-Carballido 37, Begonte-Lugo; é administrador concursal Carlos Costas Manazares, con domicilio en Urbanización Alargoa nº 1-21 Outeiro de Rei-Lugo. Nesta execución, por resolución desta data, acordouse sacar a pública poxa os bens que máis abaixo se dirán, sinalando data para que teña lugar no próximo día 27.2.2013, ás 10.00 horas, coas condicións seguintes:

Primeiro. Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de ter prestado aval bancario, polo 20 por 100 do valor de taxación dos bens obxecto da poxa, facendo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segundo. Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito ao cal se fixo mención anteriormente.

Terceiro. Que poderán facerse ofertas superiores ao 50 por 100 da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superar o 50 por 100 do valor de taxación, ou de ser inferior, non cubrir, polo menos a cantidade pola que se despachou a execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer, reservándose a facultade de ceder o remate a un terceiro e podendo tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, no seu defecto, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, o dereito a se adxudicaren o ben polo 30 por cento da valoración do ben.

Sétimo. Para o suposto en que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en paradoiro ignorado, sirva este edicto de notificación.

Bens que se sacan á poxa e valor:

1. Andel de madeira laminada: 97,93 euros.

2. Tres mesas: 262,27 euros.

3. Dúas mesas de escritorio de oficina de madeira chapada: 265,86 euros.

4. Ordenador portátil Toshiba Satellite A80/135 prateado: 70 euros.

5. Pantalla de ordenador Samsung Sync Master 943 negro: 56,32 euros.

6. Multifunción Brother MFC/7320 gris: 146,30 euros.

7. CPU marca HP Pavilion gris: 279,30 euros.

8. Pantalla de ordenador marca HP w19 gris: 91 euros.

9. Ordenador portátil Toshiba Satellite negro metalizado: 70 euros.

10. Aerotermo modelo AE-10: 518 euros.

11. Pistola pneumática Wlmond negra e prateada PN210: 126 euros.

12. Trade marca Bosch GSR12v azul: 96,70 euros.

13. Ferramenta marca Super EGO, Rothnberger Rotronic: 60,64 euros.

14. Mesa de ordenador de madeira laminada con caixón: 132,93 euros.

15. Mesa auxiliar de madeira clara con dúas portas: 70 euros.

16. Tres cadeiras de oficina con tapizado azul: 103,93 euros.

17. Dúas cadeiras de oficina xiratorias negras: 167,86 euros.

18. Cinco bidóns azuis de deterxente UN1719 Caustic Alvalt: 19,25 euros.

19. Trinta e dous rolos de papel Softcel 1000R: 98,33 euros.

Están depositados en Pacios 37, Begonte-Lugo.

Lugo, 13 de novembro de 2012

O secretario xudicial