Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (896/2010).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 896/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Lestón Lestón contra a empresa Mármoles y Granitos Osjo, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución o 14 de novembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Lestón Lestón contra a empresa Mármoles y Granitos Osjo, S.C., debo condenala e condénoa a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.879,58 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % de xuro por demora. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles y Granitos Osjo, S.C., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

O secretario xudicial