Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (108/2012).

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 108/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Barrio Iglesias contra a empresa Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., Construcciones Carballo, S.L., Conlouza, S.L. e Construcciones y Promociones Obras Urbanas Hermanos Carballo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo aceptar e acepto a demanda presentada por Miguel Barrio Iglesias contra Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., Construciones Carballo, S.L., Conlouza, S.L., Construcciones y Promociones Obras Urbanas Hermanos Carballo, S.L., a Administración concursal de Contratas y Cubiertas Estrada, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno as empresas demandadas a lle pagar solidariamente ao demandante 3.099,57 euros, cantidade que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a Administración concursal e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación, no caso das empresas condenadas, do depósito para recorrer de 300 euros, máis o importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás demandadas Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., Construcciones Carballo, S.L., Conlouza, S.L., Construcciones y Promociones Obras Urbanas Hermanos Carballo, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

O secretario xudicial