Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2012/13 e do deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos), e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17966

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2012/13 e do deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos), e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 176, do 14 de setembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 825.000,00 euros.

Impostos: 55.000,00 euros.

Importe total: 880.000,00 euros.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2012.

b) Contratista: Mapfre Vida, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitocentos vinte e cinco mil euros (825.000,00 euros) sen impostos.

e) Data de formalización: 15 de novembro de 2012.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte