Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación da resolución do recurso de alzada polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Secretaría Xeral para o Turismo, sita na praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia das persoas interesadas, se é o caso.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG número 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Interesado: Antonio Bautista Anido, representante legal da sociedade Pazo de Rilo, S.L.

Domicilio: rúa Virrey Osorio, 41. 15011 A Coruña.

Establecemento: Hotel Pazo de Rilo.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada interposto contra a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia do establecemento Hotel Pazo de Rilo.