Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (541/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 541/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Francisca Soto Méndez contra a empresa Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza o 15 de novembro de 2012 cuxo ditame se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por María Francisca Soto Méndez, DNI 32641785 R, contra a empresa Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 4.980,47 euros netos, en concepto de salarios, así como 1521,92 euros, en concepto de complemento de IT, cos xuros do artigo 576 LAC, así como as custas do proceso, incluídos os honorarios do letrado da demandante, ata o límite de 600 euros.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial