Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46272

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (304/2010).

Betanzos, 18 de outubro de 2012.

Eva Ortiz Suárez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos fago saber que neste órgano xudicial se segue o procedemento ordinario 304/2010 por instancia de BBVA contra Manuel Tellado Díaz e Comercializadora y Envasadora de Patata, S.L. e na que se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos.

Sentenza: 157/2011.

Procedemento: xuízo ordinario nº 304/2010.

En nome da súa maxestade o rei, Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial ditou a seguinte sentenza:

Betanzos, 1 de decembro de 2011.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 304/2010, sobre reclamación de cantidade, no que son partes o demandante BBVA, asistido polo letrado Sr. Sánchez Rodilla e representado polo procurador Sr. Pedreira del Río, e a demandada Comercializadora y Envasadora de Patata, S.L. e Manuel Tellado Díaz en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Estimando integramente a demanda interposta por BBVA, asistido polo letrado Sr. Sánchez Rodilla e representado polo procurador Sr. Pedreira del Río, contra a demandada Comercializadora y Envasadora de Patata, S.L. e Manuel Tellado Díaz, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar ao demandante a suma de 74.457,27 euros, máis os xuros a partir do día 16 de setembro de 2009 calculados ao tipo do 29 % anual pactado como xuro de demora na cláusula sexta do contrato.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E, para que sirva de notificación a Manuel Tellado Díaz e Comercializadora y Envasadora de Patata, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Betanzos, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial