Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1144/2008).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 1144/2008 deste xulgado do social, seguidos por instancia de "Ver PDF" contra a empresa Luis Manuel García Rodellino, Don 24 horas, S.C., "Ver PDF", Vidrioarte Coruña, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Autoarte Galiza, S.L., Vidrioarte Galiza, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte:

Número de autos: demanda 1144/2008.

Na cidade da Coruña o dous de novembro de dous mil doce

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante "Ver PDF", que comparece asistida do letrado Antonio Vázquez López e doutra como demandadas as empresas Luis Manuel García Rodellino, Don 24 horas, S.C, Vidrioarte Coruña, S.L., Autoarte Coruña, S.L, Coruñesa de Parabrisas, S.L., que non comparecen a pesar de estar citadas legalmente e as empresas Autoarte Galiza, S.L, Vidrioarte Galiza, S.L. que comparecen representadas por Mª Teresa García Sánchez.

En nome do rei.

Ditou a seguinte

Sentenza 847/2012.

Decido

1º Estimo parcialmente a demanda formulada por "Ver PDF" fronte á empresa Luis María García Rodellino, Vidrio Arte Coruña, S.L., Auto Arte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Auto Arte Galicia, S.L. e Vidrio Arte Galicia, S.L., con condena solidaria destas a aboarlle á demandante a cantidade de 4.391,25 euros como salarios debidos.

2º Desestímase a demanda respecto de Don 24 horas, S.C.

3º Concédese un prazo de tres días desde a notificación da presente sentenza ás partes para que, se é o caso, insten o que consideren respecto da medida cautelar en vigor; sen prexuízo de que, para o caso de que nada se solicite, se manteña a medida unicamente respecto do principal obxecto de condena na presente resolución.

Transcorridos tres días desde a notificación da presente resolución sen que as partes formulasen alegacións respecto da medida cautelar de embargo preventivo acordada por auto do 19 de xuño de 2012 –en relación cos anteriores autos do 23 de decembro de 2010 e 31 de outubro de 2011– en relación coa empresa Luis Manuel García Rodellino, déixense sen efecto os embargos trabados na contía que exceda o importe de 4.391,25 euros obxecto da presente condena. E, se se formulan alegacións en prazo, déase conta a este xulgador para resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle realice a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1144.08 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1144.08 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Luis Manuel García Rodellino, Don 24 horas, S.C., Vidrioarte Coruña, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 16 de novembro de 2012