Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1064/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña fai saber que no proceso seguido por instancia de Marta Susana Fernández Parada contra Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L., Eugenio Francisco Herrera Fernández e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 1064/2009, se acordou citar a Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L. e Eugenio Francisco Herrera Fernández, en ignorado paradoiro, a fin de notificar a decisión da sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Marta Susana Fernández Parada contra a empresa Hess Iluminación e Mobiliario Urbano, S.L. e Eugenio Francisco Herrera Fernández, déboos condenar e condénoos a que indemnicen a demandante na cantidade de dez mil cincocentos sesenta euros máis o xuro do 10 % por mora, sen que alcance ningunha responsabilidade ao Fondo de Garantía Salarial nesta instancia.

Debo absolver e absolvo a Eugenio Francisco Herrera Fernández das pretensións formuladas contra el sen que lle alcance ningunha responsabilidade no presente procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L. e Eugenio Francisco Herrera Fernández, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial