Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (639/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña fai saber que no proceso seguido por instancia de Francisco J. Fernández Rey, Iván Rojo Barba contra Aislamientos Chao, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 639/2010 se acordou citar a Aislamientos Chao, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de notificar a decisión da sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Francisco J. Fernández Rey e Iván Rojo Barba contra a empresa Aislamientos Chao, S.L., condénoa a que lles aboe as cantidades de catorce mil trescentos vinte e cinco euros e setenta e dous céntimos (14.325,72 €) ao Sr. Fernández e catro mil setenta e dous euros e vinte e oito céntimos (4.072,28 €) ao Sr. Rojo, incrementadas ambas as dúas co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

E para que sirva de citación a Aislamientos Chao, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial