Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (644/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Carlos Eugenio Gándara Castro contra Carlos Santos Guiance e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado con procedemento ordinario 644/2010 acordouse citar a Carlos Santos Guiance, en ignorado paradoiro, co fin de que se notifique a sentenza.

«Decido que, estimando a demanda interposta por Carlos Eugenio Gándara Castro contra a empresa Carlos Santos Guiance, a condeno a que lle aboe a cantidade de mil seiscentos noventa euros e trinta e tres céntimos (1.690,33 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme».

E para que sirva de citación a Carlos Santos Guiance, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial