Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (234/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Luis García Bermúdez contra Electrobes Coruña, S.L., Admón. concursal e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co despedimento/cesamentos en xeral 234/2012 se acordou notificar a sentenza recaída neste procedemento.

«Resolvo que estimando a demanda interposta por Luis García Bermúdez contra a empresa Electrobes Coruña, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 24.1.2012 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de trinta e seis mil cincuenta e sete euros (36.057 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a dezaseis mil catrocentos dous euros e corenta céntimos (16.402,40 €).

Así mesmo, condeno a Administración concursal de Electrobes Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial conforme o disposto na Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista que deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso».

E para que sirva de citación a Electrobes Coruña, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial