Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (234/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 234/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marcos Blanco Vázquez contra a empresa Electrobes Coruña, S.L., administración concursal Electrobes Coruña, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza do 9 de xullo de 2012, cuxa parte dispositiva di:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Marcos Blanco Vázquez, con DNI 32785019-V contra a empresa Electrobes Coruña, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 1 de febreiro de 2012, e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos a data de hoxe, día 9 de xullo de 2012, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite

31.959,15 € (622,5 días * 51,34 €)

8.163,06 € (159 días)

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberá acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electrobes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial