Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46171

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (355/2010).

Celia Rodríguez Arias, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Enrique Domínguez Costa e Ana Pérez Barragáns fronte a Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

En Caldas Reis o 11 de novembro de 2011.

Vista por María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis e o seu partido, a presente demanda de xuízo ordinario rexistrada co número 355/2010, formulada polo procurador dos tribunais Ángel Cid García, en nome e representación de Enrique Domínguez Costa e Ana Pérez Barragáns, asistidos polo letrado Sr. Estévez Miranda, contra a mercantil Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, de rescisión de contrato e reclamación de cantidade, declárase.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Cid García, en nome e representación de Enrique Domínguez Costa e Ana Pérez Barragáns, contra a mercantil Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, e, na súa virtude, debo declarar e declaro a resolución do contrato de opción de compra concertado entre as partes o 31.10.2007, condeno a entidade demandada a aboar á demandante as cantidades entregadas como prezo da opción, por importe de vinte mil trescentos euros (20.330 euros, 19.000 euros máis IVE), cos xuros legais preceptivos, e todo iso con expresa imposición das custas deste procedemento á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

E encontrándose o devandito demandado, Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Caldas de Reis, 27 de decembro de 2011