Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 1191/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número SSS 1191/2011 por instancia da empresa Martagar, S.L. contra o INSS, a TXSS, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Proycoga, S.A. e a herdanza xacente e os descoñecidos herdeiros de Manuel Maneiro Graña, sobre seguridade social, nos cales, no día da data, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que desestimo a demanda interposta pola entidade Matagar, S.L., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, os herdeiros de Manuel Maneiro Graña e a entidade Proycoga, S.A., confirmo a resolución impugnada e absolvo os demandados das pretensións contra eles articuladas.

Que desestimo a demanda interposta pola entidade Matagar, S.L., contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, apreciando a excepción de falta de lexitimación pasiva da demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á demandada herdanza xacente e os descoñecidos herdeiros de Manuel Maneiro Graña, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial