Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46184

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (47-2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 47/2012 deste xulgado do social, seguido a instancia de Paulo Henrique Borges contra a empresa Gislaine Costa Sousa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Paulo Henrique Borges, contra a empresa Gislaine Costa Sousa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Gislaine Costa Sousa a que aboe ao demandante a cantidade de 5.256,17 euros, incrementada no 10 % por demora salarial. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, o mando e o asino.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Gislaine Costa Sousa, en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial