Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46047

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (54/2011).

Rosario Cantalejo García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, certifica que no procedemento ordinario seguido neste xulgado co número 54/2011 recaeu sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza:

En Vigo, 31 de maio de 2012.

Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os autos correspondentes ao xuízo ordinario de reclamación de cantidade rexistrado co número arriba indicado promovidos polo procurador dos tribunais José Antonio Fandiño Carnero, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Textil Moving, S.L., Paulo Jorge Lopes Araujo e Manuel Castro Lopes de Barro, todos eles en situación de rebeldía procesual, dita a presente sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando integramente a demanda presentada por José Antonio Fandiño Carnero, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Textil Moving, S.L., Paulo Jorge Lopes Araujo e Manuel Castro Lopes de Barro, todos eles en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno os demandados a que conxunta e solidariamente aboen ao demandante a cantidade 6.248,45 euros, así como o xuro previsto no fundamento segundo desta sentenza.

As custas impóñense ás demandadas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 desta localidade e o seu partido xudicial.

E despois de ser dada, lida e publicada na súa data, e para a súa notificación aos demandados Textil Moving, S.L., Sr. Lopes Araujo e Sr. Castro Lopes de Barro, expido e asino este edicto.

Vigo, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial