Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46045

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (334/2011).

María Luisa Rodríguez Delgado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Inmobiliaria Paxonal, S.L. fronte a Ramón Pérez Abal ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 155/2012.

En Santiago de Compostela o trece de setembro de dous mil doce.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo ordinario 334/2011 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Inmobiliaria Paxonal, S.L., con procurador Sr. Paz Montero e letrado Sr. Pensado Vázquez, e doutra, como demandado Ramón Pérez Abal, en rebeldía, exercendo acción de resolución contractual e indemnización de danos e perdas dítase esta sentenza sobre a base dos seguintes:

Decido que, estimando totalmente como estimo a demanda interposta por Inmobiliaria Paxonal, S.L., con procurador Sr. Paz Montero, fronte a Ramón Pérez Abal, en rebeldía, debo declarar resolto o contrato de compravenda que unía as partes, de 25 de outubro de 2002, recaente sobre o local comercial número 1, situado na planta baixa do edificio Agro do Congo sito en Cacheiras, e condeno o demandado a deixar libre e expedito con carácter inmediato o referido inmoble.

Debo condenar e condeno o demandado a pagar ao demandante a cantidade de dezanove mil trescentos trinta e sete con setenta e dous euros (19.337,72 €), máis a cantidade que a razón de 300 euros/mes se perciba desde a data de interposición da demanda ata o completo desaloxo do inmoble por parte do demandado, condenando expresamente o demandado ao pagamento das custas procesuais causadas no presente procedemento.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación.

E encontrándose o devandito demandado, Ramón Pérez Abal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial