Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46043

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3235/2009).

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3235/2009 CG.

Materia: accidente.

Recorrente: Manuel López Rey.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Ibermutuamur, Maessa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Ferrol.

Demanda 0000749/2008.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso de suplicación número 3235/2009 desta sección, seguido por instancia de Manuel López Rey contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Maessa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.) e Mutua Ibermutuamur, sobre accidente, se ditou sentenza con data do 28 de setembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación formulado pola letrada Helena Pardo Rodríguez, en nome e representación de Manuel López Rey, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 23 de marzo de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, nos autos 749/2008, promovidos por Manuel López Rey contra Ibermutuamur, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 274, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Maessa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.), actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa do Concello, 44, Fene, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial