Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46041

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1265/2010).

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1265/2010 IP.

Materia: outros dtos. Seg. Social.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Areal Vigo, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Demanda 856/2009.

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1265/2010 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 856/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Construcciones Areal Vigo, S.L. e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre outros dereitos da Seguridade Social, con data do 9 de novembro de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada da Administración da Seguridade Social, Cristina González Dios, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 22 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 856/2009, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, confirmando integramente en en todos os seus termos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial de la provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Areal Vigo, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Areal 40, 1º esda., Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

O secretario xudicial