Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46039

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (640/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica que nas actuacións de recurso de suplicación número 640/2010 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 822/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Bernardo Vila Salgado contra Francisco Costas González e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, con data do 9 de novembro de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Francisco Javier Martínez Couto, en nome e representación de Bernardo Vila Salgado, contra a sentenza do 3 de decembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 822/2009, seguido contra o empresario demandado Francisco Costas González e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, confirmando integramente e en todos os seus termos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Francisco Costas González, con último domicilio coñecido en Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

O/A secretario/a xudicial