Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (217/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 217/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Castro Boquete contra Keltay Feáns, S.L., en reclamación por ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Lorena Castro Boquete, con DNI 47369583-W, contra a empresa Keltay Feáns, S.L., debo declarar e declaro que procede parcialmente, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.721,32 euros brutos, máis o xuro por mora do 10 %.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado, a consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 150,25 euros preceptiva para recorrer, sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Keltay Feáns, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial