Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46050

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (417/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 417/2012, por instancia de Santiago García Álvarez contra Inka Time, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 23 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estímese parcialmente a demanda interposta por Santiago García Álvarez contra a entidade Inka Time, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Inka Time a Santiago García Álvarez.

– Condénase a empresa Inka Time, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 5.119,93 euros. O aboamento desta indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta sentenza, ascenden a 3.137,80 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación, a razón de 27,05 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Inka Time, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial