Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (553/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 553/2010 por instancia de José Manuel Sánchez Quindimil, Francisco Oreiro Porteiro, Abel Manteiga Vázquez, Manuel Castro Candal, Antonio García Viqueira, Isidro Viqueira Gómez, Ricardo Vázquez Mosquera e Verónica Lesta Portela, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 27.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que, debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes José Manuel Sánchez Quindimil, Francisco Oreiro Porteiro, Abel Manteiga Vázquez, Manuel Castro Candal, Antonio García Viqueira, Isidro Viqueira Gómez, Ricardo Vázquez Mosquera e Verónica Lesta Portela, contra os demandados Construcciones Construmapor, S.L., o Administrador concursal da empresa Construmapor, S.L., e o Fogasa, e declaro o dereito dos demandantes a percibir, en concepto de salarios impagados as cantidades de:

– José Manuel Sánchez Quindimil: 9.561,94 euros.

– Francisco Oreiro Porteiro: 13.951,37 euros.

– Abel Manteiga Vázquez: 7.683,71 euros.

– Manuel Castro Candal: 8.167,31 euros.

– Antonio García Viqueira: 7.538,26 euros.

– Isidro Viqueira Gómez: 6.965,53 euros.

– Ricardo Vázquez Mosquera: 7.350,95 euros.

– Verónica Lesta Portela: 3.405,25 euros.

Condeno a empresa demandada Construmapor, S.L., a estar e pasar por esta declaración, debendo responder das devanditas cantidades Miguel Ángel Caridad Barreiro, na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construmapor, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial