Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (39/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 39/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Maceiras Rial contra a empresa Media Digital Press, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 39/2011, en que foi demandante Fernando Maceiras Rial, representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, e demandada a empresa Media Digital Press, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Fernando Maceiras Rial contra a empresa Media Digital Press, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Fernando Maceiras Rial a cantidade de 1.406,34 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %, respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Media Digital Press, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial