Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (42/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 42/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Romero Méndez contra a empresa Pesquera Peñamea, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 42/2011, en que foi demandante Manuel Romero Méndez, representado polo letrado Sr. Pérez Mouzo, e demandada a empresa Pesquera Peñamea, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación do letrado Sr. Morado Díaz.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuel Romero Méndez contra a empresa Pesquera Peñamea, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Manuel Romero Méndez a cantidade de 15.157,65 euros que lle debe. E isto con declaración de prescrición da reclamación correspondente contra o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Pesquera Peñamea, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial