Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (275/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 275/2012, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Gómez Iglesias contra a empresa Electrones Coruña, S.L., administración concursal da empresa Electrobes Coruña, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 275/2012, en que foi demandante Manuel Gómez Iglesias, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Electrones Coruña, S.L., así como a administración concursal da empresa Electrobes Coruña, S.L., coa representación da administradora concursal Sra. Vale Santos. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuel Gómez Iglesias contra a empresa Electrones Coruña, S.L., así como contra a administración concursal da empresa Electrobes Coruña, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 15.318,17 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 53 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 47.912 euros, en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación á mercantil Electrobes Coruña, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial