Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos PO-350/12 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo que se achega a proposta de resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, e a disposición transitoria 1ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio), en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles desde a publicación, para formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Fernández Ladreda, 43-9º, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións, ditarase resolución cos efectos previstos no artigo 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 12 de novembro de 2012

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PO-350/12 NL.

Denunciada: Eva María Couto Gándara.

NIF: 76821886-T.

Establecemento: El Puente, sito no lugar da Ponte, 26, Gaxate. 36853 A Lama.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Ley orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción proposta: 301 €.