Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (520/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 520/2010 por instancia da Mutua Galega contra Exfoga, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre prestacións, nos cales se ditou auto de aclaración en data 15.11.2012, que copiado nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta pola Mutua Gallega fronte á empresa Exfoga, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Exfoga, S.L. a aboarlle á Mutua Galega como responsable directa a cantidade de once mil oitocentos setenta e oito euros con trinta céntimos de euro (11.878,30 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de seis mil cincocentos cincuenta e tres con noventa e un céntimos de euro (6.553,91 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Exfoga, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial