Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 406/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 406/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Allegue Falcón contra a empresa Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña.

Procedemento: cantidades nº 406/2012.

Auto.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Parte dispositiva:

Que se debe aclarar a decisión da sentenza con data do 14 de setembro, ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

«Decisión:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marta Allegue Falcón, que comparece asistida do letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada á indemnización detallada no número segundo desta decisión.

Así mesmo, declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a demandante con Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L.

Segundo. A indemnización que aboará a empresa demandada Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L., segundo o disposto no punto anterior, é de 6.870,56 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 LAC e artigo 267.7 LOPX.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Argentum Creaciones e Distribuciones, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial