Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45830

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (430/2011).

No presente procedemento, seguido por instancia de Jaime Pérez Machado contra Construcciones Mouriño Bello, S.L., foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal tramitados co número 430/2011, en que interveu como demandante Jaime Pérez Machado, representada pola procuradora dos tribunais Sra. García Quintáns e asistida polo letrado Sr. Blanco Machado, e como demandada Construcciones Mouriño Bello, S.L., en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións [...]

DISPOÑO:

Estimar a demanda interposta por Jaime Pérez Machado e, en consecuencia, condenar a Construcciones Mouriño Bello, S.L. a pagar á demandante a suma de 3.192,90 euros, máis os xuros legais desde a interposición da demanda, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Illma. Audiencia Provincial, logo de depositar a suma de 50 euros.»

E encontrándose o devandito demandado, Contrucciones Mouriño Bello, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

A secretaria xudicial