Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45828

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4008/2012 RMR).

Secretaría: Sr. Gamero López Peláez-RMR*.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4008/2012.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 da Coruña. Demanda 190/2012.

Recorrente: Fidel Ramos Pérez.

Avogado: Rubén Mouzo García.

Recorrido: Aislamientos Pemos, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala 2ª do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4008/2012, seguido por instancia de Fidel Ramos Pérez contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 13 de novembro de 2012.

Visto que se presentou por Fidel Ramos Pérez, parte demandante nas presentes actuacións, documentación ao abeiro do prevido no artigo 233 da Lei de procedemento laboral, en que se alegaba que a documentación que achega debe estar no preito de que desacumulou, o que dá lugar a este recurso de suplicación, polo que me puxen en contacto coa maxistrada do Xulgado do Social número 2 desta cidade, que me confirma que parte dos documentos agora achegados constan nas actuacións do dito xulgado. Por iso procede, e así o dispoño, dar traslado das copias do escrito e documentación presentados ás demais partes, co fin de que no prazo común e improrrogable de tres días poidan alegar o que ao seu dereito conveña para a admisión ou non da documentación pretendida introducir nestas actuacións.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución poderán interpor no prazo de cinco días recurso de revisión ante esta sala, coa advertencia de que, de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social, deberá acreditar, ao tempo de interporse, o ingreso na conta de depósitos e consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552 0000 31 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano), da cantidade de 25 euros».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á patronal Aislamientos Pemos, S.L., con último domicilio coñecido en Campo de Aldea, Sumio, 6, Carral (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial