Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45826

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4302/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4302/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 357/424 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Sociedad Cooperativa Limitada Ganain, José Manuel Buceta Gómez, Jorge Buceta Pérez, Gallega Mecánica, S.L., sobre reintegro de prestacións, ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, nestes autos tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados José Manuel Buceta Gómez, Jorge Buceta Pérez, a empresa Gallega Mecánica, S.L. e a Sociedad Cooperativa Limitada Ganain, debemos confirmar e confirmamos esa sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Sociedade Cooperativa Limitada Ganain, con último domicilio coñecido na rúa Budiño 1, 36208 Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

O/A secretario/a xudicial