Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45824

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5339/2009 CRS).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Número de recurso: recurso de suplicación 5339/2009 CRS.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, letrado Pablo Torrado Oubiña, A Coruña.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Edificaciones Orivan, S.L., avda. Pastoriza 56, baixo esq., Arteixo. Antonio Souto Iglesias, letrado José Manuel Liaño Pedreira, A Coruña.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña. Demanda 823/2007.

Nas actuacións número 5339/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 823/2007 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Antonio Souto Iglesias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Edificaciones Orivan, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que considerando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Sentenza de data 19 de xuño de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña nos autos número 823/2007, seguidos por instancia do demandante contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Edificaciones Orivan, S.L., debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia e, desestimando a demanda, confirmamos a resolución administrativa impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte, Edificaciones Orivan, S.L., que a partir deste momento se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Edificaciones Orivan, S.L., con último domicilio coñecido na avda. Pastoriza, 56-B, Arteixo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

A secretaria xudicial