Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (74/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 74/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Serinfra, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Serinfra, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta empresa a lle aboar á demandante a cantidade de 903,16 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Serinfra, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial