Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (20/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 20/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inés Freire Barral contra a empresa Estan Mobel, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que se estima a demanda formulada por Inés Freire Barral contra a empresa Estan Mobel, S.L.U., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

Condénase a empresa Estan Mobel, S.L.U. a aboar a Inés Freire Barral a cantidade de dous mil cento oitenta e un euros con vinte e un céntimos de euro (2.181,21 euros). Os conceptos salariais xerarán os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estan Mobel, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial