Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-299/12 e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impor esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmaselle de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, 79, 2º, Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 22 de novembro de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-299/12.

NIF: 34145787E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Cervantes, 16, baixo, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-302/12.

NIF: Y1774378-B.

Denunciada: Camila Beatriz Varela de Andrade.

Enderezo: rúa Alameda, 17, baixo, Verín (Ourense).

Establecemento: Seven.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.