Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (570/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 570/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de las Mercedes Franjo Cid contra a empresa Andaina Servicios Sociais, S.L.. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

Que desestimando totalmente a demanda de despedimento presentada por María de las Mercedes Franjo Cid contra a empresa Andaina Servicios Sociais, S.L., así como o Fogasa, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións deducidas contra eles.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial