Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45064

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3007/2012).

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3007/2012 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Hernández Pérez contra as empresas Construcciones Navales Cosbar, S.L. e Mondelnort, C.B., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Carlos Hernández Pérez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia do recorrente fronte ás empresas demandadas Construcciones Navales P. Freire, S.A., Mondelnort, C.B., Construcciones Navales Cosbar, S.L. e Calderería y Soldadura de Galicia, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que así conste, para o efecto da súa publicación no DOG co fin de que lles sirva de notificación en forma a Moldelnort, C.B. e Construcciones Navales Cosbar, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial