Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45063

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (7869/2011).

Nesta sala séguese procedemento ordinario 7869/2011 polo recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Domingo Rodríguez Siaba, en nome e representación do Concello de Lugo (Lugo) contra resolución do director xeral da Oficina Española de Patentes e Marcas publicada no BPI o día 17.10.2011 estimatoria do recurso de alzada presentado por Estcart Galicia, S.L. contra a denegación de expediente «marca 2.939.424 4 Arde Lucus» concedendo o rexistro solicitado (expediente 701/11).

En cumprimento do acordado en Resolución do 4 de outubro de 2012 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese o prazo de nove días hábiles, para a comparecencia da empresa Estcart Galicia, S.L., neste procedemento, mediante procurador e avogado, por ter interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados, co apercibimento de que, en caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito, continuándose a tramitación do recurso sen máis citalo nin oílo.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

Enriqueta Roel Penas
Secretaria xudicial