Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45066

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3369/2009 MCR).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3369/2009 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 1055/2008 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, promovidos por Zintura, S.A. contra Textil Anro, S.L., María Rosa Casariego Leyton, María de los Ángeles Fernández Fernández, María Elena López Fernández, sobre outros dereitos laborais, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Zintura, S.A. contra a sentenza de data quince de maio do ano dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en proceso promovido por María Ángeles Fernández Fernández, María Elena López Fernández e María Rosa Casariego Leytón, fronte ás empresas Zintura, S.A. e Textil Anro, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, debe darse o destino legal aos depósitos para recorrer. E, conforme ao artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, a empresa recorrente debe aboar os honorarios do letrado das demandantes-impugnantes do seu recurso, que se fixan na cantidade de trescentos euros (300 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Textil Anro, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Santa Catalina, 9, Rinlo, Ribadeo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2012