Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45068

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3349/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3349/2012 MAY.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1010/2011 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo, Jaime Rodríguez Iglesias.

Avogado/a: procurador/a:graduado/a social:

Recorridos: Fogasa, Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa).

Avogado/a: procurador/a:graduado/a social:

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber: que no procedemento de recurso de suplicación 3349/2012, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo, Jaime Rodríguez Iglesias, contra Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial.

M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 9 de novembro de 2012.

O anterior escrito presentado ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 7.11.2012 polo letrado Lamela Méndez, en nome e representación de José Antonio Troncoso Oliveira e Benjamín Lorenzo Domínguez, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Únase ao rolo certificación da/s sentenza/s que invoca, ditada no RSU 88/2011 (Sentenza 2400/11) desta sala, con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asino. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario, Fibras de Madera, S.A., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

A secretaria xudicial