Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (189/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 189/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Mariana López Lamas contra as entidades Grialibros, S.L., Grace Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Aula Noroeste, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Andrea Mariana López Lamas e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 26 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 17.040,62 euros.

A devandita opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno, así mesmo, as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan á demandante os salarios que non percibiu e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (26 de xaneiro de 2012) ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario diario de 42,63 euros, que na data da presente sentenza ascenden a 8.398,83 euros.

Condeno o Fogasa e a administración concursal de Grialibros, S.L. a estar e pasar pola presente resolución.

Desestimo a demanda fronte a Abraxas Aula 25, S.L.

Tense a parte demandante por desistida da acción exercida contra Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación logo da consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial