Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00838-O-2012 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 9 de novembro de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00838-O-2012

8346-FVT

Garda Civil 3203 B38216U

Mirela Ivova Pamukova

X3667594Z

Cl. Arroyo Fontarrón, 325-6º B

28030 Madrid (Madrid)

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos lixeiros de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT (*).

9.5.2012; 17.12; A-52; 0155,200

Art. 141.31 LOTT, Art. 140.1.6 LOTT, Art. 197.1.6 ROTT, Art. 198.31 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

OU-00883-O-2012

0905-FWS

Garda Civil 3201 I12849B

Ramiro Núñez Moldes

10068914C

Valle Inclán, 20-2º

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

5.6.2012; 18.35; A-52; 202

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT, Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros

OU-01017-O-2012

5571-HGX

Garda Civil 3203 L24919Z

Ángel González González

51337364F

Avda. de las Naciones 32

28943 Fuenlabrada (Madrid)

Levar carecendo instalado un tacógrafo sen a placa de montaxe ou dalgún dos datos obrigatorios.

21.6.2012; 11.45; A-52; 0181,000

Art. 142.25 LOTT en relación ao
Art. 141.5 LOTT, Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, Art. 201.1.f) ROTT

301 euros

OU-01098-O-2012

0905-FWS

Garda Civil 3201 L82181K

Ramiro Núñez Moldes

10068914C

Valle Inclán, 20-2º

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

5.6.2012; 18.25; A-52 202

Art. 140.1.9 LOTT, Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT, Art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros

OU-01123-O-2012

1073-BMJ

Garda Civil 3203 W84130E

Manuel Álvarez Santamarina

34722899Y

Luis Espada, 51-3º B

32600 Verín (Ourense)

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de ata 9 prazas, sen autorización.

25.7.2012; 3.10; N-525; 0171,000

Art. 141.31 LOTT, Art. 140.1.9 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT, Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros