Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00163-O-2012 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 9 de novembro de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00163-O-2012

9244-FHB

Garda Civil 3202 U36330N

Ramiro Núñez Moldes

10068914C

Valle Inclán, 20-2º

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 10 horas). Máis de 10.30 h a 11 h.

22.12.2011; 12.43; N-120; 461

Art. 142.3 LOTT Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

325 euros

OU-00421-O-2012

OU-8772-P

Garda Civil 3203 T10323A

José Montoya Jiménez

44456839R

Avda. da Universidade, 11, 1 B

3205 Ourense

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 9 %.

3.3.2012; 9.20; N-525; 0172,000

Art. 142.2 LOTT Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

331 euros

OU-00518-O-2012

4325-DGT

Garda Civil 3201 A47914C

José Luis Meno Castro

34977994P

Piñeiral de Silvela, 25

32660 Allariz (Ourense)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 10 horas). Máis de 10 h a 10.30 h.

21.3.2012; 16.07; A-52; 0203,000

Art. 142.3 LOTT Art. 199.3 ROTT

Art. 201.1.c) ROTT Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

OU-00648-O-2012

9707-BDP

Garda Civil 3203 V46236Y

Pérez Lacal Bus, S.L.

B18929182

R/ Granada, s/n, polígono Asegra

18210 Peligros (Granada)

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas, sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

20.4.2012; 9.50; A-52; 0143,000

Art. 142.9 LOTT Art. 199.9 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT Art. 201.1.b) ROTT

201 euros

OU-01276-O-2011

4241-FDZ

Garda Civil 3203 T10323A

Alquiler de Servicios y Calidad, S.L.

B84362268

Avda. América, 41

45210 Yuncos (Toledo)

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA, carecendo de autorización.

10.9.2011; 19.18; A-52; 0132,000

Art. 142.25 LOTT Art. 141.13 LOTT Art. 199.25 ROTT Art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT Art. 201.1.b) ROTT

400 euros