Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (866/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de María Pilar Folgueira Prieto contra Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 866/2012 acordouse citar a Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, o día 18.1.2013 ás 11.35 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, expídese este edicto.

Lugo, 9 de novembro de 2012

O secretario xudicial